Os edublogs
Que é un edublog e para que serve?
Un edublog é unha ferramenta dixital usada tanto por profesores como por alumnos que serve de apoio no proceso de ensinanza-aprendizaxe. No caso do profesor este permitelle publicar material docente, proporcionar instrumentos e instruccións para que o alumno poida realizar as tareas que se lle encargan así como establecer aclaracións oiu comentarios do tratado en clase
Doutro xeito os alumnos grazas a estas ferramentas poden ter un diario do traballado en clase e transmitirlles aos docentes ideas ou oponións.
Que tipos de ferramentas ou programas podemos empregar para a creación dun blog?
Entre moitas as ferramentas, para crear ou utilizar un blog as que mais destacan son WordPress, Blogger, wix ou médium.
Cales serían os usos dos blogs?
Na nosa aula os blogs se utilizarían como unha especie de diario de clase, nel subiranse pequenas explicacións con videos das tarefas e actividades que realicemos ese día. Con esta ferramenta poderemos levar un rexistro do que facemos na aula e conseguir así que incluso os nenos e nenas que falten a clase saiban o que se realizou e como.
Doutro xeito este servirá tamén para que os nenos poidan interactuar con nós, as súas docentes, e poidan ter ao seu alxance recursos, ideas e proxectos; así como tamén serven como medio de comunicación cos familiares pois estos poden estar sempre o tanto do que se realiza na aula,
Este espazo tamén nos servirá a nos como docentes para ter recopilada as lecturas ou exercicios que queremos facer na nosa aula e que sexa unha ventá ao exterior da nosa aula.
Comentarios
Publicar un comentario