Realidade aumentada
¿Qué é?
Trátase do conxunto de tecnoloxías que permiten elevar os elementos dixitais ao mundo real. Está presente non só en videoxogos senón que tamén en aplicacións que podemos empregar co teléfono.
¿Onde podemos experimentalo?
- Snapchat
A rede social para intercambiar fotografías que desaparecen, ten moitos filtros que poñen en práctica a realidade aumentada. Algúns deles permiten colocar a unha salchicha bailarina diante de ti, ou mesmo o teu propio personaxe bitmoji. Por exemplo, esta aplicación permite que a nosa nave visítenos mentres estudamos na biblioteca
- Pokemon Go
A aplicación que durante o verán de 2016 sacou a adolescentes e adultos ás rúas para buscar pókemons é outro claro exemplo de RA. As criaturas eran superpostas sobre o fondo real das rúas e así os usuarios podían atrapalos como se realmente fosen cazadores.
- Body planet
Esta aplicación ten fins educativos principalmente relacionados coa anatomía. Necesita unha serie de materiais como tarxetas ou camisetas pero dá un gran número de posibilidades para o ensino, xa que permite aos alumnos imaxinarse a súa propia anatomía.
- Quiver Colorea
Grazas a esta plataforma os debuxos coloreados nos seus imprimibles poden cobrar vida a través da aplicación.
Na educación...
Este proxecto desenvolvido en colexios de infantil de Estados Unidos utilizou por medio dunha aplicación de tableta a realidade aumentada para a aprendizaxe do abecedario. Escaneando as letras, os alumnos podían escoitar a pronuncia da letra , ademáis esta cobrando vida e movéndose na súa pantalla.
| Imagen Estudio AR [Fotografía]. https://journal.alt.ac.uk/index.php/rlt/article/view/2539/2856 |
Este estudo levouse acabo tendo un grupo que utilizaba este sistema RA e outro cuxo programa funcionaba en 2D. O interese do primeiro grupo foi lixeiramente superior, polo que o estudo finalmente concluíu que a introdución non só da RA senón que tamén de aplicacións dixitais en xeral, fixo que o interese e desempeño dos nenos aumentase, beneficiando a aprendizaxe e o rápido recoñecemento das letras.
Tamén foi método de estudo nun colexio de Collado Villalba, Madrid, onde non só utilizaron est tecnoloxía para fomentar o coñecemento do municipio creando puntos de información de maneira dixital, senón que tamén para traballar o nadal, o día da nai e os sentidos.
Por último, deixamosvos unha actividade que como futuras mestras poderíamos empregar na nosa aula de educación infantil.


Comentarios
Publicar un comentario