Privacidade, sharenting e dereito ao esquecemento

  Para empezar pensamos que é necesario introducir as definicións de privacidade, sharenting e dereito ao esquecemento. En primeiro lugar a privacidade, que é a protección da nosa integridade, a cal minimiza calquera tipo de risco e ten como propósito principal manter a confidencialidade. En segundo lugar, o Sharenting, que é un concepto formado por dúas palabras: share (compartir) e parenting (criar); este consiste en que os proxenitores comparten e expoñen fotos ou vídeos dos seus fillos/as en plataformas de Internet sen o seu consentimento. En terceiro lugar, o dereito ao esquecemento, que é o dereito que temos todos/as de impedir que se difunda información persoal a través de Internet ou no caso de que se fixera, que esta se elimine. 

    Cremos que o máis perigoso destes tres é o Sharenting, posto que se pode considerar unha ameaza para os máis pequenos/as. Ademais, isto podería derivar en casos máis nocivos, tales como a pornografía infantil, suplantación de identidade ou incluso afectar á autoestima dos pequenos/as. Non credes que isto se podería evitar cunha boa Educación Dixital?

 

    Nós si que o opinamos, pero esta non ten que ser só recibida polos nenos/as, senón tamén polos adultos. Debido a que no caso na maioría dos casos esa privacidade é destruída polos adultos. Por isto pensamos que se se recibira unha boa Educación Dixital poderíamos evitar casos como os de adolescentes que ameazan coa distribución de imaxes íntimas ou casos de grooming. 

 

    En conclusión, ás veces é máis importante focalizar a atención en aspectos tales como a Educación Dixital, xa que cada vez están máis presentes no noso día a día e así poder protexer aos nosos pequenos dun xeito máis adecuado. 





Nesta imaxe, pódese ver como un adulto lle está sacando unha fotografía a un bebé, e que despois con moita probabilidade subirá ás redes sociais sen a autoridade deste pequeno.


Comentarios

Entradas populares